Sistema Via-T
Via-T
Vía-T é a denominación do sistema de telepeaxe que está implantado nas autoestradas de peaxe españolas.
Este sistema permitiralle abonar comodamente a peaxe sen ter que deterse grazas ao sistema de comunicación a distancia baseado en ondas de curto alcance.
Cando o seu vehículo equipado co dispositivo Vía-T pasa polo carril correspondente, unha antena detecta o seu paso e carga automaticamente o tránsito correspondente á conta ou tarxeta que vostede asociou á súa Vía-T.
Cómodo
Sen necesidade de baixar a ventá ou deter o vehículo
Rápido
Non te deteñas. Paga minorando a marcha a 40 km/h ó teu paso pola peaxe.
Seguro
Xestiona os teus pagos a través da túa entidade bancaria, sen uso de efectivo ou tarxeta.
VANTAXES
- Pase polas peaxes sen necesidade de deterse.
- Non terá que recoller tícket de entrada.
- Poderá desprazarse comodamente por tódalas autoestradas adheridas a este sistema.
Recomendacións
- A instalación do transmisor Vía-T no vehículo é sinxela.
- Unha vez contratado o dispositivo debe colocalo na parte interior do parabrisas, segundo indique o manual de usuario que se facilita ao contratar o sistema Vía-T.
- Algúns vehículos con parabrisas atérmico dispoñen dunha zona reservada detrás do retrovisor, onde debe instalarse o dispositivo.
- En calquera caso, débese localizar o emprazamento que permita un intercambio normal das ondas, e o dispositivo debe deixarse instalado permanentemente no parabrisas do vehículo.
- O vehículo aproxímase á vía de telepeaxe a unha velocidade máxima de 40 km/h.
- Instalado permanentemente no parabrisas do vehículo.
- Mais información en www.viat.es
Entidades emisoras
Podes contratar o servizo VIA-T en calquera das entidades emisoras (listaxe completa en www.viat.es).
O procedemento é similar ao da contratación dunha tarxeta de crédito. Só deberás asociar o teu VIA-T a unha conta ou tarxeta de crédito sobre a que se realizarán os cargos correspondentes aos tránsitos que realices polas autoestradas de peaxe, ou as túas estancias en certos aparcamentos. En caso de roubo ou extravío do teu dispositivo VIA-T, deberás contactar coa túa entidade emisora.