Concesión

Autopista Central Galega, C.E.S.A. (ACEGA), sociedade concesionaria que pertence ao grupo GLOBALVIA, opera e mantén a autoestrada de peaxe de Santiago de Compostela ao Alto de Santo Domingo (Dozón).

A concesión adxudicouse en 1999, cunha duración de 75 anos. O seu primeiro tramo (Santiago-Silleda) abriuse ao tráfico en decembro de 2002, e foi en xuño de 2004 cando os seu 56,6 km de lonxitude estiveron totalmente en servizo.

O tramo concesionado forma parte da conexión entre Santiago de Compostela e Ourense. Este tramo discorre desde Santiago de Compostela ata o Alto de Santo de Domingo (Dozón) mediante unha autoestrada de peaxe directa ao usuario e titularidade do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible (MTMS). O segundo tramo do corredor, Alto de Santo Domingo – Conexión coa A-52 (Ourense), é unha autoestrada de peaxe en sombra cuxa titularidade corresponde á Xunta de Galicia.

É unha vía de alta capacidade de calzadas separadas con 2 carrís por sentido e que conta cun terceiro carril entre os puntos quilométricos 0 ao 2,2 en ambas as calzadas e do 18,8 ao 24,2 na calzada sentido Ourense.

A autoestrada inicia o trazado en Santiago, partindo da ligazón coa estrada N-525 e AP-9 (Autopista do Atlántico), que é o eixo vertebrador do corredor atlántico galego. Na súa primeira saída enlaza coa vía AG-59, a través da ligazón de Tras Do Eixo.

Continúa o seu percorrido, dentro da provincia da Coruña, cara Santa Cruz de Ribadulla onde se sitúa unha saída que dá servizo á comarca do Ulla. Segue cara o sur, pasando á provincia de Pontevedra ao cruzar o viaduto sobre o río Ulla. Na saída de peaxe de Bandeira pódese acceder de novo á N-525. A continuación, atopamos a peaxe de Silleda, que comunica cos accesos ao recinto feiral e ao núcleo urbano.

Na zona de Lalín hai tres saídas: a Oeste, que dá servizo ao polígono industrial; Centro, que enlaza coa PO 534 e Leste, que enlaza coa N-525.

A autoestrada finaliza en Dozón, onde entronca coa AG-53 que continua o seu percorrido cara a Ourense cidade.

EnlaceUbicaciónCarreteras de enlaceNúcleos do acceso
Tras do EixoPK: 02+200AG-59, N-525Teo
RibadullaPK: 14+900AC-8902Ribadulla, Vedra
BandeiraPK: 24+200N-525Bandeira
SilledaPK: 33+400PO-205, N-525Silleda
Lalín OestePK: 41+860N-525, N-640Lalín
Lalín CentroPK: 46+740PO-534, N-525, N-640Lalín
Lalín EstePK: 55+000N-525, N-640Lalín
DozónPK: 56+300N-525Dozón

Área de Servizo

Gasolinera GALP en SILLEDA (PONTEVEDRA)
AP-53 km 28,000

Gasolinera, cafetería e tenda.
Cargadores de vehículos eléctricos

Horario: L-D: 24H
Teléfono: 986681855

NOVAS

Actualidade ACEGA

Autoestrada de peaxe de Santiago de Compostela-Ourense.