Telepeaxe ou peaxe dinámica |
Á TELEPEAXE ou PEAXE DINÁMICA é o sistema de pagamento máis novidoso nas autoestradas de peaxe. Consiste na identificación do usuario que transita por unha vía determinada da estación de peaxe grazas a un pequeno transmisor instalado no vehículo. Este transmisor é recoñecido por unha antena colocada nas vías que aceptan este sistema de pago.Este pequeno transmisor recibe diferentes denominacións: OBE (On Board Equipment), TAG, Teletag, OBU (On Board Unit), etc. As sociedades concesionarias de autoestradas de peaxe, acadaron un acordo polo cal deselvolveron un servizo único de Telepeaxe en toda España é denominado: O regulamento xeral da circulación inclúe dous sinais novos de tráfico que identifican as vías de telepeaxe e obrigan a quen vaia pagar o importe da peaxe por este método, a estar equipado cun OBE válido. Os sinais oficiais, que se reproducen de seguido, representan un T branco en tres corpos sobre fondo azul.
|
Aviso legal | Política de Cookies | Política de Privacidade | Contacto